Dorothy Arzner |
|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1897 San Francisco, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 1 de outubro de 1979 (82 anos) La Quinta, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Educación | Universidade do Sur de California Harvard-Westlake School (en) |
---|
|
Ocupación | directora de cinema, radio producer (en) , publicitario, produtor de teatro, montador, guionista, realizadora |
---|
Período de actividade | 1922 - |
---|
Empregador | Universidade de California, Os Ánxeles United Artists Columbia Pictures Metro-Goldwyn-Mayer Women's Army Corps (en) RKO Pictures (pt) Paramount Pictures Dorothy Davenport Reid Productions (en) Famous Players-Lasky Corporation (en) Realart Pictures Inc. (en) Paramount Studios (en) |
---|
Profesores | James Cruze (pt) |
---|
Influencias | |
---|
|
Parella | Marion Morgan |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Edited By – Women Film Editors (en) Bygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) , (p.120-122) Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) |
---|
|
Dorothy Emma Arzner, nada en San Francisco o 3 de xaneiro de 1897 e finada en La Quinta, California o 1 de outubro de 1979, foi unha directora de cinema estadounidense que estivo en activo en Hollywood entre a era do cinema mudo dos anos 20 e a década de 1940. Entre 1927 e a súa retirada da dirección en 1943, Arzner foi a única muller que traballou en Hollywood como directora.[1] Ademais, foi unha das poucas mulleres que logrou establecer unha carreira longa de éxito en Hollywood como directora ata a década de 1970.[2]
Arzner dirixiu un total de vinte filmes e lanzou as carreiras de actrices como Katharine Hepburn, Rosalind Russell e Lucille Ball.[3] Foi tamén a primeira muller membro do Directors Guild of America e a primeira que dirixiu un filme sonoro.[4]
- ↑ Gaines, Jane (1992). ""Dorothy Arzner's Trousers"". Jumpcut: A Review of Contemporary Media. No. 37: 88–98.
- ↑ Mayer, So (7 de marzo de 2015). ""Dorothy Arzner: Queen of Hollywood"". British Film Institute.
- ↑ Wise, Damon (10 de outubro de 2016). ""Lumière Festival: Dorothy Arzner, a Hollywood Trailblazer"". Variety.
- ↑ ""Dorothy Arzner"". UCLA Film and Television Archive.